Gl:Editores

Axuda Acerca do OpenStreetMap Navegación De que xeito axudar Apoiar ós datos do mapa Editores Glosario Guieiro para principiantes

Pódense empregar varios editores para editar elementos na base de datos do OpenStreetMap. Antes de poder editar calquera dato, precisarás crear unha conta no OSM.

Guieiro de principiantes

O Gl:Guieiro para principiantes amosarache de que xeito engadir datos ó OpenStreetMap. Hai dispoñíbel titoriais en moitas linguas e podes escollelas dende a barra que figura na parte superior da páxina. Tamén pode que che interese ollar os Proxectos de cartografado para atopar a inspiración sobre o que cartografar.

Editores principais

iD é o editor máis doado de empregar que se atopa por defecto no botón "Editar" da páxina de inicio do OpenStreetMap, e é ideal para contribucións de edición rápida. Execútase no teu navegador e baixa os datos de xeito automático mentres navegas polo teu redor.
JOSM é unha aplicación de escritorio programada en Java altamente configurábel e extensíbel que permite editar máis datos á vez, empregando ferramentas máis avanzadas e de acceso directo ós datos co gallo dunha meirande complexidade.
Potlatch é o precursor do iD, aínda empregado por bastantes persoas, e tamén dispoñíbel no botón 'Editar' ó premer na listaxe despregábel ("▼"). Require Flash.
Vespucci é a aplicación do Android de emprego máis espallado.

Go Map!! é o máis popular editor do iOS.

Para unha máis detallada comparación dos principais editores, consulta a Comparativa de editores.

Escolla de editores

Xa que o OpenStreetMap é unha plataforma aberta cunha API de edición, hai moitos outros editores para escoller, algúns cun subconxunto de funcións simplificado, algúns que operan en plataformas específicas, como dispositivos móbiles. A seguinte táboa enumera algunhas das opcións. Ó igual que con todas as listaxes desta wiki, a presenza na listaxe non ten que considerarse unha recomendación, bota unha ollada ás estatísticas de emprego do editor para ollar cales están actualmente en uso, xeralmente só se manteñen e reciben soporte de boas prácticas de cartografado aqueles editores cunha base actual de usuarios maior.

Nome Imaxe Plataforma Engadir PDIs Editar/Eliminar PDIs Editar etiquetas ó chou de obxectos OSM existentes Editar xeometrías Soporte para base de datos de desaxustamento de imaxes Subir ó OSM Versión
ArcGIS Editor for OSM Windows si si si si
?
si 2019-06-11
10.7
Fireyak Android si
?
?
?
?
si 2019-03-28
1.3.9
GNOME Maps Linux si si non non
?
si 2019-06-17
3.33.3
Go Map!! iOS 7+ si si si si
?
si 2018-09-20
1.6.1
GPSMapEdit Windows si si si si
?
si 2019-06-01
2.1 (78.10 FIX1)
iD Baseado en web (JavaScript) si si si si non si 2019-10-24
2.16.0
iD-indoor Baseado en web (JavaScript) si si si si non si 2016-07-18
1.9.6
iD-strava Baseado en web (JavaScript) si si si si non si 2017-11-07
1.8.5
JOSM Windows, Linux, macOS si si si si si si 2019-12-02
15553
Level0 Web si si si si
?
si 2016-02-09
1.2
MAPS.ME ] Android, iOS si si si non
?
si 2019-07-04
9.1.8
Merkaartor Windows, Linux, macOS si si si si non si 2016-09-06
0.18.3
OSM2Go Linux; Maemo (N800, N900) si si si si non si 2018-12-24
0.9.15
OsmAnd Android, iOS si si Si, para nós e vías pechadas con combinacións de etiquetas comúns(en). non non si 2019-11-28
3.5.5
OsmInEdit Baseado en web (JavaScript) si si si si non si 2019-11-12
1.0.6
OSMyBiz Baseado en web (JavaScript) si si non non non si 2018-11-14
0.1
Pic4Review Baseado en web (JavaScript) non non si non non si 2019-10-10
0.5.13
Potlatch 2 Baseado en web (Flash) si si si si non si 2011-09-30
2.3
StreetComplete Android non non non non non si 2019-11-109
15.0
Vespucci Android si si si si si si 2019-12-02
14.0.10
QGIS Windows, Linux, macOS, BSD si si si si
?
non 2019-11-02
3.10.0

Eliminados ou descontinuados

Ollar a subpáxina De baixa ou descontinuados para consultar a listaxe de algúns editores que xa non están dispoñíbeis.

Ollar tamén

Ligazóns externas

This article is issued from Openstreetmap. The text is licensed under Creative Commons - Attribution - Sharealike. Additional terms may apply for the media files.